FacebookTwitter

Bodión

Bodión Ilustrador/a: Elisabet García Aires

Lábrido de pequeno tamaño que raramente sobrepasa os 14 cm de lonxitude e cinco ou seis anos de idade. Ten o corpo ovalado, boca pequena, escamas grandes. A cor é dicromática e non permanente. Presenta dúas características manchas, unha no inicio da aleta dorsal e outra na parte inferior do pedúnculo caudal.

Vive en fondos areosos e fangosos, sempre preto de pradeiras de fanerógamas mariñas. Atópase a unha profundidade non superior aos 20 m. Aliméntase de crustáceos, moluscos, gasterópodos. Reprodúcese entre marzo e abril. Presente en todo o litoral ibérico, no Atlántico desde Bretaña francesa ata Xibraltar e no Mediterráneo.

Datos da especie

  • Código FAO: YFX
  • Nome científico:Symphodus spp
  • Nome galego: Bodión
  • Nome castelán: Bodión
  • Grupo biolóxico: Peixes
Bodión
  • Tamaño mínimo: 14 cm
  • Forma de medición: O tamaño medirase desde a punta da cabeza ata o extremo da aleta caudal