FacebookTwitter

Roxa

Roxa Ilustrador/a: Elisabet García Aires

Pode alcanzar 1 m de lonxitude. Os canais que saen das narinas conéctanse coa boca. Cor gris amarelenta con abundantes manchas pequenas marróns, negras e brancas no dorso e abrancuxada sen manchas no ventre.

Vive en fondos rochosos e coralíxenos, dende augas superficiais ata máis de 60 m de profundidade. Aliméntanse de invertebrados (moluscos, crustáceos). Especie común no Atlántico oriental, dende Noruega a Senegal e no Mediterráneo. Comercialízanse limpos e espelexados.

Datos da especie

  • Código FAO: SYT
  • Nome científico:Scyliorhinus stellaris
  • Nome galego: Roxa
  • Nome castelán: Alitán
  • Grupo biolóxico: Peixes
Roxa
  • Tamaño mínimo: 55 cm
  • Forma de medición: O tamaño medirase desde a punta da cabeza ata o extremo da aleta caudal