FacebookTwitter

Raia santiaguesa

Raia santiaguesa Ilustrador/a: Elisabet García Aires

Morro curto e rostro moi pequeño. A superficie dorsal está cuberta de denticulacións; a cara inferior é lisa, agás baixo o morro. Entre 9-13 espiñas rodean a marxe anterior da órbita. A cara dorsal é de cor parda clara, gris ou amarelenta, con motas claras e algúns puntos escuros. Na base das aletas pectorais mostra un ocelo escuro con manchas amarelentas. Pode alcanzar os 70 cm de lonxitude.

Presente en todas as costas da Península Ibérica entre os 20 e 250 m de profundidade, exténdese no Atlántico ata Noruega e no Mediterráneo occidental.

Datos da especie

  • Código FAO: RJN
  • Nome científico:Leucoraja (Raja) naevus
  • Nome galego: Raia santiaguesa
  • Nome castelán: Raya santiaguesa
  • Grupo biolóxico: Peixes
Raia santiaguesa
  • Tamaño mínimo: 40 cm
  • Forma de medición: O tamaño medirase desde a punta da cabeza ata o extremo da aleta caudal ou en función do peso unitario cando se presenten enteiras ou soamente as ás