FacebookTwitter

Raia boca de rosa

Raia boca de rosa Ilustrador/a: Elisabet García Aires

Rostro moi curto e bordes anteriores sinuosos. A superficie dorsal está cuberta de denticulacións. A cor é ocrácea con numerosas e pequenas manchas escuras e tamén pode presentar algunhas manchas circulares rodeadas de escuro. Os exemplares maiores poden medir entre 1,2 e 1,5 m.

Vive tanto en augas litorais como en zonas de ata 100 m de profundidade. É común nas costas atlánticas e rara no Mediterráneo occidental.

Datos da especie

  • Código FAO: RJH
  • Nome científico:Raja brachyura
  • Nome galego: Raia boca de rosa
  • Nome castelán: Raya boca de rosa
  • Grupo biolóxico: Peixes
Raia boca de rosa
  • Tamaño mínimo: 40 cm
  • Forma de medición: O tamaño medirase desde a punta da cabeza ata o extremo da aleta caudal ou en función do peso unitario cando se presenten enteiras ou soamente as ás