FacebookTwitter

Quenlla

Quenlla Ilustrador/a: Elisabet García Aires

Corpo alongado e esbelto, co rostro longo e afiado. Posúe cinco fendiduras branquiais curtas. A cor é azul intensa coa zona ventral branca. Xeralmente non supera os 3 m de lonxitude.

É unha especie epipeláxica, común en augas oceánicas que nada preto da superficie. Desplázanse en pequenos grupos e poden recorrer grandes distancias. É moi voraz; aliméntase de peixes e cefalópodos. É unha das quenllas vivíparas máis prolífica.

Distribúese en mares tropicais e templados, presente no Atlántico e Mediterráneo.

Datos da especie

  • Código FAO: BSH
  • Nome científico:Prionace glauca
  • Nome galego: Quenlla
  • Nome castelán: Tintorera o caella
  • Grupo biolóxico: Peixes
Quenlla
  • Tamaño mínimo:
  • Forma de medición: O tamaño medirase desde a punta da cabeza ata o extremo da aleta caudal