Peixe araña

Ten o corpo alongado, estreito e aplanado lateralmente. Ten unha cor gris-amarelenta no dorso con marchas escuras na cabeza. Alcanza unha talla máxima de 40 cm.
Vive sobre fondos areosos ata 100 m de profundidade. Aliméntase de invertebrados e peixes. A posta é nos meses de verán e principios de outono.
Localízase no Atlántico oriental, dende Noruega ata Marrocos, tamén no Mediterráneo.
Datos da especie
- Código FAO: WEG
- Nome científico:Trachinus draco
- Nome galego: Peixe araña
- Nome castelán: Escorpión
- Grupo biolóxico: Peixes

- Tamaño mínimo:
- Forma de medición: O tamaño medirase desde a punta da cabeza ata o extremo da aleta caudal