FacebookTwitter

Muxo dourado

Muxo dourado Ilustrador/a: Elisabet García Aires

Muxo de beizos estreitos. É de cor gris-azulada no dorso e prateada no ventre. Presenta unha característica mancha dourada no opérculo. Resulta bastante eurihalina e é o muxo máis mariño. Pode alcanzar os 50 cm de lonxitude.

Localízase amplamente no Atlántico e no Mediterráneo.

Datos da especie

  • Código FAO: MGA
  • Nome científico:Liza aurata
  • Nome galego: Muxo dourado
  • Nome castelán: Galupe o lisa
  • Grupo biolóxico: Peixes
Muxo dourado
  • Tamaño mínimo: 20 cm
  • Forma de medición: O tamaño medirase desde a punta da cabeza ata o extremo da aleta caudal