FacebookTwitter

Muxo beizos finos

Muxo beizos finos Ilustrador/a: Elisabet García Aires

Ten o corpo alongado, cilíndrico e musculoso coa cabeza ancha. Presenta unha mancha negra na base das aletas pectorais.

É de ampla distribución e está presente en todo o litoral ibérico. Pode medir ata 50 cm de lonxitude. Incansable nadador, móvese en bancos preto da costa.

Aliméntase de algas e de pequenos invertebrados.

Datos da especie

  • Código FAO: MGC
  • Nome científico:Liza ramada
  • Nome galego: Muxo beizos finos
  • Nome castelán: Morragute
  • Grupo biolóxico: Peixes
Muxo beizos finos
  • Tamaño mínimo: 20 cm
  • Forma de medición: O tamaño medirase desde a punta da cabeza ata o extremo da aleta caudal