Cazón

De corpo alongado e rostro longo e cónico. De cor gris escura no dorso e branco por debaixo. Pode alcanzar os 2 m de lonxitude./
Pode atoparse en augas pouco profundas e ata os 400 m de profundidade. Forma pequenos grupos cando realizan migracións. Aliméntase de peixes e cefalópodos. O cazón é ovovivíparo e a xestación pode durar arredor dun ano. Distribúese en mares tropicais e templados, presente no Atlántico oriental dende Canarias ata Islandia, e no Mediterráneo.
A súa carme é apreciada nalgunhas zonas. É a quenlla que maior valor económico alcanza.
Datos da especie
- Código FAO: GAG
- Nome científico:Galeorhinus galeus
- Nome galego: Cazón
- Nome castelán: Cazón
- Grupo biolóxico: Peixes

- Tamaño mínimo:
- Forma de medición: O tamaño medirase desde a punta da cabeza ata o extremo da aleta caudal