Reo

O reo é un peixe similar ao salmón, pero distínguese deste porque ten un corpo máis forte, curto e alto. Tamén a boca é máis rachada e ancha. O reo e a troita común son a mesma especie, coa diferencia de que o reo pasa case toda a súa vida no mar. A cor do reo é gris escura no dorso e prateada no ventre, con manchas negras ou vermellas.
Algunhas poboacións atlánticas realizan migracións ao mar regresando ao río en outono e inverno para completar o ciclo reprodutor. Distribúese polas cabeceiras de case todos os ríos da Península Ibérica.
Non é unha especie abundante no mercado.
Pódese preparar á grella ou á prancha, con salsas a gusto de los comensais resultará un prato exquisito. Probe tamén a facelo ao forno cun chorro de aceite de oliva, allos enteiros e unha folla de loureiro; e como non, tamén pode preparalo en pastel.
Datos da especie
- Código FAO: TRS
- Nome científico:Salmo trutta trutta
- Nome galego: Reo
- Nome castelán: Reo o trucha marina
- Grupo biolóxico: Peixes

- Tamaño mínimo:
- Forma de medición: O tamaño medirase desde a punta da cabeza ata o extremo da aleta caudal