Vello

Lábrido de pequeno tamaño, presenta un corpo ovalado e boca pequena con unha fileira de dentes cónicos, escamas grandes. De cor dicromática non permanente. Vive en fondos areosos e lamacentos. Aliméntase de gasterópodos, bivalvos e pequenos decápodos. Presente en todo o litoral ibérico.
Datos da especie
- Código FAO: YFC
- Nome científico:Symphodus cinereus
- Nome galego: Vello
- Nome castelán: Bodión
- Grupo biolóxico: Peixes

- Tamaño mínimo:
- Forma de medición: O tamaño medirase desde a punta da cabeza ata o extremo da aleta caudal