FacebookTwitter

Muxos

Muxos

Os muxos teñen o corpo alongado de cor gris prateada. A boca é pequena con anchos beizos. Posúe poderosas escamas e chega a ter tamaños considerables, sendo habitual que acaden os 60 centímetros. Amosan escasas variacións entre as diferentes especies.

Son especies moi abundantes, comúns e accesibles. Son frecuentes en augas dos portos, pero os que atopamos no mercado proceden de augas abertas, batidas e limpas, sempre pouco profundas. Captúranse con cerco, trasmallos, betas e anzol.

É un peixe de óptima calidade e sabor extraordinario. Pode prepararse con tomate ao forno, tipo caldeirada, ou tamén fritidos; e como aceptan un escabeche, pódense desfrutar durante varios días. Probe tamén a preparalos guisados ou en salpicón ou en tomate o mesmo que o bonito.

Datos da especie

  • Código FAO: MGS
  • Nome científico:Mugil spp
  • Nome galego: Muxos
  • Nome castelán: Múgiles
  • Grupo biolóxico: Peixes
Muxos
  • Tamaño mínimo:
  • Forma de medición: O tamaño medirase desde a punta da cabeza ata o extremo da aleta caudal