FacebookTwitter

Bolos

Bolos Ilustrador/a: Elisabet García Aires

En xeral, os bolos teñen o corpo moi alongado e cilíndrico, de tonalidade azul verdosa. Contan cunha soa aleta dorsal e o seu fociño é longo e moi afiado, coa queixada inferior máis alongada ca a superior.

Son abundantes e comúns na beiramar, pero son pouco visibles porque polo día agóchanse na area. Son alimento de robalizas, rodaballos, abadexos... Captúranse cunha arte de cerco denominada boliche ou chinchorro, regulada por un plan específico, para cebo vivo ou para consumo.

No mercado podémolos atopar a bo prezo. Dan un alto rendemento culinario fritos, que é a mellor forma de preparalos, ou á grella; de feito na zona de Bueu é tradición fritilos nos bares das praias. Non obstante, tamén os podemos guisar, preparar á cazola con tomate e pementos ou facer un guiso de costa moi particular.

Datos da especie

  • Código FAO: SAN
  • Nome científico:Ammodytidae
  • Nome galego: Bolos
  • Nome castelán: Aguaciosos
  • Grupo biolóxico: Peixes
Bolos
  • Tamaño mínimo:
  • Forma de medición: O tamaño medirase desde a punta da cabeza ata o extremo da aleta caudal