Mero escuro

É o mero máis coñecido das costas da península. Distribúese dende Inglaterra ata Sudáfrica. Pode alcanzar tamaños de 1,5 metros de lonxitude. É un peixe litoral de fondos rochosos que pode atoparse entre os 5 e os 400 metros de profundidade. Captúrase con palangres, liñas ou trasmallos.
Datos da especie
- Código FAO: GPD
- Nome científico:Epinephelus marginatus
- Nome galego: Mero escuro
- Nome castelán: Mero
- Grupo biolóxico: Peixes

- Tamaño mínimo:
- Forma de medición: O tamaño medirase desde a punta da cabeza ata o extremo da aleta caudal