Bonito do norte

O seu corpo é robusto, de cor azul escura, e distínguese do atún porque ten as aletas peitorais máis longas ca aquel. Pode chegar a medir ata un metro e adoita moverse en grandes bancos en superficie. En cru ten a carne moi branda, pero cambia radicalmente coa cocción.
É un peixe que emigra na primavera cara ó norte que é cando pasa por latitudes próximas a Galicia.
A forma clásica de preparalo é á grella cuns aros de cebola, o que o fai quedar máis tenriño. Pode probar a cortalo en laminiñas despois de botar na neveira unhas horas. A continuación póñao a macerar con aceite e un chisco de aneto. Non espere máis dunha hora e terá un mariñado excepcional. Aproveite cando o prezo está baixo para mercar unha peza enteira e facer conserva na casa, en aceite de oliva ou escabeche ao gusto galego máis tradicional. Paga a pena gastar unha tarde: terá a mellor das conservas para todo o ano. Non debemos esquecer as formas máis tradicionais de preparalo: marmitako, en mollo de tomate ou a deliciosa ventrecha de bonito.
Datos da especie
- Código FAO: ALB
- Nome científico:Thunnus alalunga
- Nome galego: Bonito do norte
- Nome castelán: Atún blanco
- Grupo biolóxico: Peixes

- Tamaño mínimo:
- Forma de medición: O tamaño medirase desde a punta da cabeza ata o extremo da aleta caudal