Bolo vermello

Peixe de pequeno tamaño que forma bancos e habita en augas costeiras sobre fondos de area e grava. Aliméntanse de zooplancto e constitúen ademais o alimento de numerosos peixes. A posta é na primavera e no outono. Realízase en augas pouco profundas e os ovos son depositados na area pola femia. Distribúese polo Atlántico oriental dende Noruega ata o sur da Península Ibérica.
Datos da especie
- Código FAO: ABZ
- Nome científico:Ammodytes tobianus
- Nome galego: Bolo vermello
- Nome castelán: Aguacioso
- Grupo biolóxico: Peixes

- Tamaño mínimo:
- Forma de medición: O tamaño medirase desde a punta da cabeza ata o extremo da aleta caudal