Pota común

Corpo alongado, de cores grises ou castañas con tendencia a vermella. É similar á lura, aínda que na pota a cabeza é moito máis voluminosa (case tan grande coma o resto do corpo) e as aletas, que nacen da metade do corpo cara a abaixo, teñen forma de rombo e son máis anchas.
Prepárea con arroz, rebozada e fritida en aneis, ou seguindo receitas tradicionais, nas que a cabeza ben picadiña, xunto con cebola e xamón, se utiliza para facer un guiso de pota rechea, ao estilo "dos de antes".
Datos da especie
- Código FAO: SQM
- Nome científico:Illex coindetii
- Nome galego: Pota común
- Nome castelán: Volador
- Grupo biolóxico: Cefalópodos

- Tamaño mínimo:
- Forma de medición: O polbo medirase polo peso total unitario