Ostra rizada

Sólida, de forma alongada. Valva esquerda cóncava e a dereita máis ou menos aplanada con engurras e escamas. No interior a impresión da pegada muscular é de cor morada. Vive en zonas de augas tranquilas, na parte superior da liña da marea. Tanto en lama como en rochas. Atópase dende as Illas Británicas ata Portugal e no Mediterráneo. En Galicia atópase dispersa nas Rías Baixas e en colonias en varios puntos da costa norte de Galicia.
Datos da especie
- Código FAO: OYG
- Nome científico:Crassostrea gigas
- Nome galego: Ostra rizada
- Nome castelán: Ostra rizada
- Grupo biolóxico: Bivalvos

- Tamaño mínimo:
- Forma de medición: O tamaño medirase medindo o eixe dorsoventral para a ostra e a ostra rizada