FacebookTwitter

Rabioso

Rabioso Ilustrador/a: Elisabet García Aires

Cuncha moi sólida, case circular. Superficies con estrías radiais e concéntricas moi finas. De cor branca no interior e no exterior manchas irregulares formando zigzag. Epidermis pilosa, suave ao tacto. Vive sobre fondos de cascallo a partir dos 15 m de profundidade. Distribúese dende o norte de Europa ata Marrocos, tamén no Mediterráneo.

Datos da especie

  • Código FAO: GKL
  • Nome científico:Glycimeris glycimeris
  • Nome galego: Rabioso
  • Nome castelán: Almendra De Mar
  • Grupo biolóxico: Bivalvos
Rabioso
  • Tamaño mínimo: 40 mm
  • Forma de medición: O tamaño medirase medindo o eixe maior ou anteroposterior