Osmundea pinnatifida

Alga cartilaxinosa, comprimida, cores branquexadas, púrpura tirando a negra, a frondas amarelas pálidas, xeralmente de 20 a 80 mm de longo, formando extensas pradeiras ou tapices. Moi variable en tamaño e forma. Eixo principal usualmente simple, ramificado e pinnado. Atópase en rochas, perenne, en todo o intermareal, como rosetas aplanadas que cobren rochas expostas, tamén submareais.
Datos da especie
- Código FAO: Z27
- Nome científico:Osmundea pinnatifida
- Nome galego: Osmundea pinnatifida
- Nome castelán: Osmundea pinnatifida
- Grupo biolóxico: Algas