Fideo de mar

Talo de ata 40 centímetros, verde moi escuro e esponxoso. Constituído por un eixo cilíndrico, de ramificación dicótoma, fixado por un disco. Baixo a auga, nalgunhas épocas, mostra un halo branco debido á abundante pilosidade da súa superficie. Aparece no litoral inferior e infralitoral e en pozas do litoral medio de costas expostas a protexidas. Contén Vitamina A. Utilízase como alimento e como antihelmíntico.
Datos da especie
- Código FAO: KJT
- Nome científico:Codium tomentosum
- Nome galego: Fideo de mar
- Nome castelán: Fideo de mar
- Grupo biolóxico: Algas