FacebookTwitter

Buche bravo

Buche bravo Ilustrador/a: Elisabet García Aires

Talo de ata 1,5 m de cor parda olivácea. Fíxase mediante un disco do que parten varios eixos acintados ou redondeados. Os eixos principais posúen aerocistes ovais de grande tamaño. Nas ramas cortas, na época da reprodución, desenvólvense numerosos receptáculos ovais. Forma unha cintura de vexetación ben definida no litoral medio de costas protexidas ou esteiros. Úsase como abono e na fabricación de fariñas para o gando. Ten aplicación no tratamento do reumatismo e da obesidade.

Datos da especie

  • Código FAO: ASN
  • Nome científico:Ascophyllum nodosum
  • Nome galego: Buche bravo
  • Nome castelán: Buche bravo
  • Grupo biolóxico: Algas