FacebookTwitter

Osmundea pinnatifica

Osmundea pinnatifica Ilustrador/a: Elisabet García Aires

Alga cartilaxinosa, comprimida, cores branquexadas, púrpura tirando a negra, a frondas amarelas pálidas, xeralmente de 20 a 80 mm de longo, formando extensas pradeiras ou tapices. Moi variable en tamaño e forma. Eixo principal usualmente simple, ramificado e pinnado. Atópase en rochas, perenne, en todo o intermareal, como rosetas aplanadas que cobren rochas expostas, tamén submareais.

Datos da especie

  • Código FAO: Z25
  • Nome científico:Osmundea pinnatifica
  • Nome galego: Osmundea pinnatifica
  • Nome castelán: Osmundea pinnatifica
  • Grupo biolóxico: Algas