FacebookTwitter

Nemalion helminthoides

Nemalion helminthoides Ilustrador/a: Elisabet García Aires

Talo de ata 40 centímetros, de cor parda vermella e consistencia xelatinosa pero firme. Presenta disco basal do que parten eixos simples ou ramificados. Aparece de marzo a outubro no litoral medio e superior de costas expostas. Chamado tamén macarrón de mar, emprégase en sopas e ensaladas.

Datos da especie

  • Código FAO: NLO
  • Nome científico:Nemalion helminthoides
  • Nome galego: Nemalion helminthoides
  • Nome castelán: Nemalion helminthoides
  • Grupo biolóxico: Algas