Laminaria hyperborea

Talo de ata 2,5 m, de cor parda escura, fixada por rizoides soldados entre si, formando unha base cónica da que parte un groso e ríxido estipe cilíndrico. Este expándese nunha ancha lámina coriácea máis ou menos dividida. Atópase no infralitoral de costas expostas ou semiexpostas, formando extensos bosques. Utilizada como abono e na alimentación humana e animal. É a materia prima máis utilizada para a obtención de alxinatos.
Datos da especie
- Código FAO: LAH
- Nome científico:Laminaria hyperborea
- Nome galego: Laminaria hyperborea
- Nome castelán: Laminaria hyperborea
- Grupo biolóxico: Algas