Gigartina pistillata

Talo de ata 15 centímetros, de cor vermella escura ou tirando a negra e de consistencia carnoso-cartilaxinosa. Fíxase mediante un disco do que parten estipes ovais divididos dicotomicamente. Atópase no litoral medio ou inferior de costas semiexpostas ou expostas. Utilizada na produción industrial de xeles e mucílagos polo seu contido en carraxén.
Datos da especie
- Código FAO: Z17
- Nome científico:Gigartina pistillata
- Nome galego: Gigartina pistillata
- Nome castelán: Gigartina pistillata
- Grupo biolóxico: Algas