Dumontia contorta

Talo de ata 30 centímetros de cor parda vermella, ás veces amarelenta. Consistencia branda, fráxil, elástica e xelatinosa. Fíxase mediante un disco do que parte un eixo principal ramificado. De primavera a verán aparece no litoral medio e inferior de costas semiexpostas ou protexidas. Usada como alimento no Xapón.
Datos da especie
- Código FAO: Z15
- Nome científico:Dumontia contorta
- Nome galego: Dumontia contorta
- Nome castelán: Dumontia contorta
- Grupo biolóxico: Algas