FacebookTwitter

Argazo bravo

Argazo bravo Ilustrador/a: Elisabet García Aires

Talo de ata 2,5 m de cor parda amarelenta, fixada por un bulbo voluminoso oco do que parte un estipe plano ondulado que se ensancha nunha grande lámina membranosa dividida. Aparece de marzo a novembro no litoral inferior e infralitoral de costas expostas ou semiexpostas formando extensos bosques. Utilízase na obtención de alxinatos e tamén como abono.

Datos da especie

  • Código FAO: LA5
  • Nome científico:Saccorhiza polyschides
  • Nome galego: Argazo bravo
  • Nome castelán: Sacorriza
  • Grupo biolóxico: Algas