Detalle producto

FacebookTwitter

Correa

Correa

Alga parda de cor amarelo oliváceo. Especie de carácter anual, posúe unha estrutura basal perenne con forma de copa de 2 a 3 centímetros. En primavera brotan unhas largas cintas que se dividen en dous sucesivamente e que poden alcanzar os 2 ou 3 metros de largo e os 2 centímetros de ancho. As cintas son os órganos reprodutores que maduran en verano e se desprenden coa chegada dos primeiros temporais do outono.

Atópase no intermareal medio e inferior e infralitoral superior en zonas moderadamente batidas polas ondas. É abundante a nivel local e chega a formar grandes extensións. Acada o seu máximo desenvolvemento e calidade comercial a mediados da primavera, época na que as súas longas cintas son máis tenras, saborosas e nutritivas. Recóllese a man e a mergullo.

As súas carnosas cintas teñen un delicado sabor a mar. É rica en proteínas, fibra, vitaminas do tipo A, E, B1 e C e fonte de minerais, como o calcio, magnesio, iodo, ferro e fósforo.

Recorda ás xudías. Pódese usar rebozada e frita, como guarnición de carne e peixe, en sopas ou revoltos ou como ingrediente na preparación de croquetas, arroces, pastas, guisos e legumes.

Cando se cociña con abundante auga, se poden incorporar directamente deshidratada. O tempo de cocción é duns 15 minutos. No caso de hidratala previamente, o tempo necesario será duns 10 minutos.

Datos da especie

• HLZ
• Nome científico: Himanthalia elongata
• Nome galego: Correa
• Nome castelán: Correa
• Grupo biolóxico: Algas
Receitas de Correa

Onde atopalo

Lonxas e centros de primeira venta autorizados

• Distribuidor de produtos da pesca e marisqueo