Detalle producto

FacebookTwitter

Linguado de area

Linguado de area
<p>Peixe plano de corpo ovalado e ancho, de cor parda agrisada no lado ocular, con numerosas manchas escuras e puntiños claros. Os ollos están no lado dereito do corpo. No lado cego do corpo, posúe unha narina en forma de roseta. A aleta pectoral do lado ocular ten unha mancha negra bordeada de amarelo. Pode acadar os 50 centímetros.</p> <p>É solitario a meirande parte da súa vida. Vive soterrado na area, normalmente entre 30 e 50 metros de profundidade. Aliméntase de poliquetos, peixes pequenos e crustáceos.</p>

Datos da especie

  • SOS
  • Nome científico: Solea lascaris
  • Nome galego: Linguado de area
  • Nome castelán: Lenguado de arena
  • Grupo biolóxico: Peixes
Receitas de Linguado de area
15 cm

Tamaño mínimo: 15 cm

O tamaño medirase desde a punta da cabeza ata o extremo da aleta caudal

Onde atopalo

Lonxas e centros de primeira venta autorizados

  • Centros de depuración / expedición e cetáreas

  • Distribuidor de produtos da pesca e marisqueo