Detalle producto

FacebookTwitter

Nécora

Nécora
<p>Se a nécora é de Galicia, a súa cuncha hexagonal é de cor marrón escura e textura de veludo. No macho, o abdome é triangular. Na femia é máis ancho e redondeado. Presenta cinco pares de patas, e o primeiro delas son unhas pinzas.</p> <p>Vive nas coveiras que forman as pedras preto da costa. Captúrase polas noites con nasas e, en menor medida, con trasmallo ou bou de vara. Hai que ter en conta que está suxeita a vedas, establecidas anualmente, normalmente entre xaneiro e xullo. Sempre hai que lembrar que está rigorosamente prohibida a captura e venda de nécoras con ovos.</p> <p>Se a nécora está "en comida", o macho é tan rico coma a femia. Para evitar que lle caian as patas, hai que cocelas correctamente: se están vivas, hai que metelas en auga fría; e se están mortas, en auga quente. Non esqueza cociñalas con loureiro e non se pase na cocción pois quedarían resecas.</p>

Datos da especie

  • LIO
  • Nome científico: Necora puber
  • Nome galego: Nécora
  • Nome castelán: Nécora
  • Grupo biolóxico: Crustáceos
Receitas de Nécora
5,5  cm

Tamaño mínimo: 5,5 cm

Os braquiuros excepto o boi e a centola, mediranse atendendo á lonxitude do cefalotórax (LCT), sobre a liña mediana que vai desde o espazo interorbital ata o borde posterior do cefalotórax

Onde atopalo

Lonxas e centros de primeira venta autorizados

  • Centros de depuración / expedición e cetáreas

  • Distribuidor de produtos da pesca e marisqueo

  • Empresas de transformación