Detalle producto

FacebookTwitter

Serrán riscado

Serrán riscado
Ilustadora: Elisabet García Aires
<p>Corpo alongado, cabeza puntiaguda e cola redondeada. As escamas son pequenas. A cor é inconfundible e trátase dunha especie de gran beleza. A cabeza ten un debuxo de liñas sinuosas que lembran á escritura arábiga (de aí o seu nome específico). Este serránido raramente sobrepasa os 25 cm de lonxitude.</p><p>Habita en fondos rochosos superficiais e pradeiras de fanerógamas mariñas. É un peixe solitario e sedentario que defende o seu territorio. É voraz cazador de peixes e tamén se alimenta de crustáceos, moluscos e poliquetos. Reprodúcese entre abril e agosto e é hermafrodita simultáneo. Trátase dunha especie termófila e a súa distribución exténdese dende Canarias ata o Canal da Mancha. No Mediterráneo é máis abundante na parte meridional.</p>

Datos da especie

  • SRK
  • Nome científico: Serranus scriba
  • Nome galego: Serrán riscado
  • Nome castelán: Serrano
  • Grupo biolóxico: Peixes
Receitas de Serrán riscado
O tamaño medirase desde a punta da cabeza ata o extremo da aleta caudal

Onde atopalo

Lonxas e centros de primeira venta autorizados