Detalle producto

FacebookTwitter

Centola

Centola
<p>O cacho da centola é triangular por diante e case redondo pola zona de atrás. Está cuberta dunha especie de espiñas. No bordo dianteiro presenta dous pinchos máis fortes. Posúe cinco pares de patas duras e longas. A súa cor é vermella parda e debemos recordar que a centola galega é máis escura ca a bretoa. Ademais, unha característica da centola das rías é que o seu cacho está cuberto por pequenas algas e arneiróns.</p> <p>Vive na costa en fondos rochosos ou areosos. A súa extracción regúlase a través e plans de explotación anuais, nos que tamén se establecen os períodos de veda, normalmente entre xuño e decembro. Captúrase principalmente con miños. Tamén pode ser capturado con outras con artes de enmalle fixas como trasmallos e raeiras ou con nasas. A súa veda establécese nos plans de explotación anuais; normalmente é de xuño a decembro.</p> <p>Cocida e cun coidadoso traballo manual, son un manxar de excepción. Pódese facer un changurro dándolle un golpe de forno ou un sofisticado pastel ou suflé, pero a nosa recomendación é volver ao clásico: cocidas.</p>

Datos da especie

  • SCR
  • Nome científico: Maja squinado
  • Nome galego: Centola
  • Nome castelán: Centollo o centolla
  • Grupo biolóxico: Crustáceos
Receitas de Centola
12 cm

Tamaño mínimo: 12 cm

A centola medirase atendendo á lonxitude do cefalotórax (LCT) sobre a liña mediana que vai entre ambos rostra ata o borde posterior do cefalotórax

Onde atopalo

Lonxas e centros de primeira venta autorizados