Detalle producto
Bonito alistado
Ilustadora: Elisabet García Aires
<p>Escómbrido alongado e redondeado, desprovisto de escamas, con aletas pectorais curtas e non ten vexiga natatoria. A cor do dorso é azul escura. Os flancos e o ventre son prateados con bandas lonxitudinais escuras. O tamaño máximo é de 100 centímetros. Trátase dunha especie peláxica, nadadora activa, que prefire augas oceánicas e profundas. No verán achégase á costa. Forma bancos e realiza migracións. Aliméntase de peixes, crustáceos e cefalópodos. Habita augas tropicais e subtropicais. No Atlántico oriental localízase desde as costas francesas cara ao sur.</p>
Datos da especie
- SKJ
- Nome científico: Katsuwonus pelamis
- Nome galego: Bonito alistado
- Nome castelán: Listado o Bonito de vientre rayado
- Grupo biolóxico: Peixes
O tamaño medirase desde a punta da cabeza ata o extremo da aleta caudal
Onde atopalo
Lonxas e centros de primeira venta autorizados