Detalle producto

FacebookTwitter

Bocarte

Bocarte
<p>O bocarte ten un corpo fino e alongado, de cor azulada con chispiñas prateadas no seu ventre. A súa queixada superior é moi prominente e a boca grande. Pode acada-los 20 centímetros. Reprodúcese entre os meses de abril e agosto.</p> <p>Especie peláxica que no verán se achega á costa. Aliméntase de plancto. Vive en grandes mansíos e captúrase con redes de cerco ou con xeito. Resulta especialmente importante a súa correcta manipulación e estiba a bordo, pois é un peixe moi delicado e mázase e deteriórase de contado. Para a súa pesca se establecen cotas de captura e paros que poden variar dun ano a outro, segundo o estado deste recurso. Normalmente aparece nos mercados entre maio e xullo.</p> <p>Aínda que as máis das veces tómase en conserva, en fresco pódense fritir para facer un primeiro prato de "picar". Tamén pódense preparar en vinagre: crús, ben limpos, deixándoos estar no mollo para que vaian adquirindo o seu sabor.</p>

Datos da especie

  • ANE
  • Nome científico: Engraulis encrasicolus
  • Nome galego: Bocarte
  • Nome castelán: Boquerón o anchoa
  • Grupo biolóxico: Peixes
Receitas de Bocarte
O tamaño medirase desde a punta da cabeza ata o extremo da aleta caudal

Onde atopalo

Lonxas e centros de primeira venta autorizados