Detalle producto

FacebookTwitter

Prago

Prago
<p>O prago é un peixe de corpo ovalado, alto e comprimido, coa cabeza grande que baixa de súpeto dos ollos á boca. Ten unha dentadura potente e unha cor entre rosada e prateada, coa base da cola branca e a cola propiamente, escura. O seu tamaño habitual está entre os 30 e os 35 centímetros, pero pode chegar a medir ata 75.</p> <p>Habita no litoral nos fondos de area e pedras, de 20 a 40 metros de profundidade, aínda que pode chegar aos 250. É un peixe pouco abundante, e as escasas capturas realízanse normalmente con trasmallo ou palangre. Tamén con liñas e miños.</p> <p>Se non é moi pequeno, prepáreo ao sal. Os máis pequenos aceptan unha fritura ou un escabeche. De calquera xeito, o máis propio para este peixe e os da súa familia é asalo enteiro ao forno cos ingredientes que máis lle gusten. </p>

Datos da especie

  • RPG
  • Nome científico: Pagrus pagrus
  • Nome galego: Prago
  • Nome castelán: Pargo
  • Grupo biolóxico: Peixes
Receitas de Prago
O tamaño medirase desde a punta da cabeza ata o extremo da aleta caudal

Onde atopalo

Lonxas e centros de primeira venta autorizados

  • Distribuidor de produtos da pesca e marisqueo