Detalle producto

FacebookTwitter

Peneira

Peneira
<p>Este molusco gasterópodo é máis coñecido, de momento, pola súa fermosa cuncha ca pola súa carne. Ten a cuncha en forma de orella, de cor parda escura xaspeada, cunha espiral pequena e a última volta moi grande. O interior é nacarado e presenta sete orificios dispostos en liña.</p> <p>A súa extracción ven regulada mediante plans de explotación específicos para esta especie. A captura faise mediante mergullo en apnea ou con aire dende superficie. </p> <p>É unha especie, de momento, pouco coñecida. Haberá que cocela ben ou conxelala na casa previamente, xa que pode quedar dura e así perder parte do seu interese (ao igual ca o polbo, conxelándoo abranda a carne e redúcese o tempo de cocción). É un molusco que permite ser compañeiro en guisos e que en solitario vai ben cun prebe mariñeiro. Outra posibilidade é facela á prancha.</p>

Datos da especie

  • HLT
  • Nome científico: Haliotis tuberculata
  • Nome galego: Peneira
  • Nome castelán: Oreja de mar
  • Grupo biolóxico: Gasterópodos
Receitas de Peneira
As lapas e a peneira, mediranse pola lonxitude do seu eixe maior

Onde atopalo

Lonxas e centros de primeira venta autorizados

  • Centros de depuración / expedición e cetáreas