Detalle producto

FacebookTwitter

Barbada de area

Barbada de area
<p>Teñen un corpo longo e áxil para agocharse debaixo das pedras. O máis rechamante desta especie é a barbicha e os bigotes. Tamaño en torno aos 60 centímetros. </p> <p>Son abundantes no litoral galego. Viven en pouco fondo e aliméntanse de crustáceos e peixes pequenos. Péscanse con liñas. Tamén se pescan en ocasións con nasa ou ao enmalle. </p> <p>A barbada é un peixe de calidade extraordinaria. A súa propia alimentación propicia a personalidade do seu sabor: un peixe que sabe a marisco. Mágoa que non abunde no mercado porque o prezo é moi accesible. Frita, en caldeirada ou en guiso é deliciosa. Hai que probar a empanada de mariola ao gusto do Son. As semiconservas son tamén, neste caso, todo un desafío.</p>

Datos da especie

  • GGD
  • Nome científico: Gaidropsarus mediterraneus
  • Nome galego: Barbada de area
  • Nome castelán: Bertorella
  • Grupo biolóxico: Peixes
Receitas de Barbada de area
O tamaño medirase desde a punta da cabeza ata o extremo da aleta caudal

Onde atopalo

Lonxas e centros de primeira venta autorizados