Detalle producto

FacebookTwitter

Carrapicho

Carrapicho
<p>Alga perenne moi cartilaxinosa que forma matas de ata 15-20 centímetros de altura, de cor vermella- violácea escura. Cando se observa baixo a auga presenta irisacións azuladas. Fíxase mediante un disco basal do que sae unha fronde que se divide dicotómicamente ata formar unha lámina en forma de abano, de consistencia coriácea e de bordes rizados.</p> <p>Forma extensas poboacións sobre as rochas do litoral inferior e primeiros metros do infralitoral, en lugares preferentemente expostos ás ondas e de augas frías e limpas. Recóllese a man durante as baixamares.</p> <p>É unha das algas con máis tradición de uso na alimentación en Europa. É moi empregada como xelatina e espesante de orixe vexetal e baixa en calorías para a elaboración de sobremesas, salsas e confeituras. Utilízase para a extracción de carraxenina (E-407), un dos principais espesantes e xelificantes utilizados na industria alimentaria. Contén gran cantidade de vitamina B1, B2 e esteroles que rebaixan o colesterol, tendo por outra parte unha destacada acción antibacteriana. É adecuada para o tratamento de úlceras, trastornos estomacais e catarros.</p> <p>Emprégase na cociña en ensaladas e como acompañante en diferentes pratos. Cando se cociña con abundante auga, se poden incorporar directamente deshidratada. O tempo de cocción é duns 30 minutos. No caso de hidratala previamente, o tempo necesario será duns 5 minutos.</p>

Datos da especie

  • IMS
  • Nome científico: Chondrus crispus
  • Nome galego: Carrapicho
  • Nome castelán: Musgo de Irlanda
  • Grupo biolóxico: Algas
Receitas de Carrapicho

Onde atopalo

Lonxas e centros de primeira venta autorizados