Detalle producto

FacebookTwitter

Golfo

Golfo

É unha alga parda de orixe asiática, de cor pardo-dourado escuro que pode chegar a medir máis de 1,5 metros de lonxitude. Fíxase ao substrato mediante un rizoide, do que sae un estipe aplanado con bordes festoneados que pode chegar a medir 3 centímetros de ancho e de lonxitude variable en función das condicións ambientais. O estipe prolóngase como nervio central dunha gran lámina rodeada de fendas que lle da un aspecto pinnado que recorda a unha forma de dobre peite.

Alga anual que aparece en outono sobre as rochas do litoral inferior e infralitoral en costas moderadamente expostas ás ondas. Desenvólvese en inverno e a comezos da primavera e acaba desaparecendo nos meses do verán a causa do aumento da insolación e da temperatura do mar. Recóllese preferentemente a mergullo, ben en apnea ou con aire dende superficie, pero tamén a pé nas baixamares vivas.

En fresco ten un suave sabor a mar e textura lixeiramente renxente. É rica en proteínas, fibra, vitaminas e minerais, como o calcio, magnesio, iodo, ferro, fósforo e zinc. Posúe baixo contido en graxas e azucres asimilables. Pódese empregar como substituto ou acompañante das verduras e ensaladas, como guarnición, ou como ingrediente de diversos pratos e sopas.

Cando se cociña con abundante auga, se poden incorporar directamente deshidratada. O tempo de cocción é duns 15 a 20 minutos. No caso de hidratala previamente, o tempo necesario será duns 10 minutos.

Comercialízase fresca, deshidratada en conserva ou salgada, en láminas, en pequenos fragmentos ou pulverizada.

Datos da especie

• UDP
• Nome científico: Undaria pinnatifida
• Nome galego: Golfo
• Nome castelán: Wakame
• Grupo biolóxico: Algas
Receitas de Golfo

Onde atopalo

Lonxas e centros de primeira venta autorizados

• Distribuidor de produtos da pesca e marisqueo