Detalle producto
Xarda
<p>Peixe de corpo alongado e cor verdosa azulada, percorrido por liñas verticais negras e un ventre prateado con tons brancos.</p>
<p>Presenta unha especie de aletiñas (pínnulas) próximas ao rabo, tanto no dorso coma no ventre. Ten unha cabeza afiada e pode chegar a medir ata 50 centímetros. Acada a madurez aos dous ou tres anos e reprodúcese entre os meses de maio e xullo. </p>
<p>Pode atoparse ata os 200 metros de profundidade, aínda que a finais da primavera se achega á costa en grandes bancos e entra nas rías, nadando a medias augas. No inverno regresa a augas máis profundas. É unha especie moi abundante en canto ás capturas e de gran presenza nos mercados. Péscase cando se achega á costa con cerco e tamén, ás veces, con liña (curricán). Está suxeita a cotas, normalmente captúrase o primeiro trimestre do ano. </p>
<p>En fresco admite as máis variadas solucións: fritida resulta exquisita, de gusto potente. Máis suave é á prancha con allo, perexil e limón. Acepta o escabeche como a que máis e no forno ten o equilibrio dun prato rotundo cunha gornición adecuada. É común atopala xa en filete limpo ou, se non, é doado fileteala en V na casa. Próbea así fileteada ao forno: sobre unha base de cebola e patacas, todo moi fino, póñense os filetes adobados, cóbrese con papel de aluminio e dáselle un asado curto.</p>
Datos da especie
- MAC
- Nome científico: Scomber scombrus
- Nome galego: Xarda
- Nome castelán: Caballa
- Grupo biolóxico: Peixes
Tamaño mínimo: 20 cm
O tamaño medirase desde a punta da cabeza ata o extremo da aleta caudalOnde atopalo
Lonxas e centros de primeira venta autorizados
- Lonxa de Redondela
- Lonxa de Fisterra
- Lonxa de Cambados
- Lonxa de Cangas
- Lonxa de Bueu
- Lonxa de Rianxo
- Lonxa de Porto do Son
- Lonxa de Corcubión
- Lonxa de Muros
- Lonxa de Portonovo
- Lonxa de Portosín
- Lonxa de Ferrol
- Cíes Artesanais S. Coop. Galega
- Lonxa de A Guarda
- Lonxa de Campelo
- Lonxa de Malpica
- Lonxa de Ribeira
- Mar do Morrazo, S.C.G.