Detalle producto

FacebookTwitter

Choco

Choco
<p>O corpo do choco é ancho e patelo, con expansións laterais en forma de aletas, e unha especie de triángulo sobre a cabeza. No seu interior ten unha cuncha longa e dura. Dotado de oito brazos e dous tentáculos, a súa cor varía dependendo do substrato onde habite.</p> <p>Captúrase durante todo o ano con diversas artes: nasa para choco, trasmallo, miño, artes de arrastre como o boliche ou chinchorro, poteira, e o curioso sistema do femieiro: dende a embarcación lévase a rastro pola auga unha femia de choco. Cando os machos acoden ao reclamo, son capturados cravándolles unha espulla. É unha especie de extraordinario interese comercial.</p> <p>En Galicia tomamos o choco na súa tinta cun pouco de arroz branco, pero a súa carnosidade admite outras preparacións, como pode ser á prancha cun leve mollo de aceite, allo e perexil. En Portugal tómano á prancha enteiro, cando é fresquiño, sen tan sequera eviscerar. Se quere optar polo tradicional, probe unha caldeirada para sorpresa dos máis clásicos. Á romana está tan ben ou mellor ca as luras.</p>

Datos da especie

  • CTC
  • Nome científico: Sepia officinalis
  • Nome galego: Choco
  • Nome castelán: Choco, jibia o sepia
  • Grupo biolóxico: Cefalópodos
Receitas de Choco
8 cm

Tamaño mínimo: 8 cm

A lura, choco e especies afíns mediranse pola lonxitude dorsal do manto

Onde atopalo

Lonxas e centros de primeira venta autorizados

  • Centros de depuración / expedición e cetáreas

  • Distribuidor de produtos da pesca e marisqueo

  • Empresas de transformación