Detalle producto

FacebookTwitter

Longueirón vello

Longueirón vello
<p>Ten unhas valvas alongadas, brillantes e rectas. Diferénciase do longueirón en que os seus extremos están máis curvados e inclinados e son máis curtos ca os daquel, e tamén porque son máis brillantes que as do longueirón.</p> <p>Vive en fondos areosos e lamacentos no interior das rías. É unha especie propia da zona infralitoral. Captúrase, como os outros solénidos, mediante mergullo a pulmón ou con subministro de aire dende superficie ou a pé, especialmente nas mareas vivas, utilizando sal para que asomen os individuos. </p> <p>A súa carne é un pouco máis fibrosa ca a do longueirón, aínda que igualmente saborosa. Permite abrilo á prancha ou cubrilo cun prebe ao gusto do consumidor. Tamén podémolo preparar guisado ou en empanada.</p>

Datos da especie

  • RAE
  • Nome científico: Solen marginatus
  • Nome galego: Longueirón vello
  • Nome castelán: Longueirón
  • Grupo biolóxico: Bivalvos
Receitas de Longueirón vello
80 mm

Tamaño mínimo: 80 mm

O tamaño medirase medindo o eixe maior ou anteroposterior

Onde atopalo

Lonxas e centros de primeira venta autorizados

  • Centros de depuración / expedición e cetáreas

  • Empresas de transformación