Detalle producto

FacebookTwitter

Melgacho

Melgacho
<p>Corpo alongado e afiado, co fociño curto e arredondado. A pel é coma lixa. Presenta numerosas manchas pequenas de cor castaña escura –e por veces brancas– no dorso, costas e aletas. A femia pon 20 ovos que se poden ver mesturados coas algas cando baixa a marea. Esta é a quenlla máis frecuente das nosas costas e a súa lonxitude máxima é dun metro.</p> <p>Vive en fondos areosos ou de lama, desde os 25 metros ata os 400 de profundidade. É activo pola noite, permanecendo en repouso durante o día. Captúrase practicamente con todas as artes: palangre, anzol, etc.</p> <p>É un peixe de carne e textura agradables, sen espiñas. O costume é vendelo sen a pel, que se desprende tirando con forza e habilidade. Pode preparalo guisado ao seu gusto.</p> <p>Tamén lle van moi ben as caldeiradas tradicionais. Admite calquera preparación na que substitúa outros peixes máis caros coma o peixe sapo.</p>

Datos da especie

  • SYC
  • Nome científico: Scyliorhinus canicula
  • Nome galego: Melgacho
  • Nome castelán: Pintarroja
  • Grupo biolóxico: Peixes
Receitas de Melgacho
40 cm

Tamaño mínimo: 40 cm

O tamaño medirase desde a punta da cabeza ata o extremo da aleta caudal

Onde atopalo

Lonxas e centros de primeira venta autorizados