Detalle producto
Ameixa babosa
<p>A cor deste molusco é normalmente gris pálida ou crema, con bandas tenues dunha tonalidade máis intensa e unhas liñas que se debuxan na cuncha en paralelo ao seu bordo. Os sifóns da ameixa babosa están unidos en toda a súa lonxitude e é precisamente esta característica a que nos permite diferenciala das outras clases de ameixas.</p>
<p>É máis delicada ca as outras ameixas. Pequenas variacións de temperatura e de salinidade poden provocar a súa morte e, ademais, atura menos tempo fóra da auga ca a ameixa fina. Debido á súa distribución no litoral, captúrase principalmente dende pequenas embarcacións con raños, rastros ou ganchos e, en menor medida, a pé firme con sachos ou outras artes autorizadas para remover o substrato.</p>
<p>O propio da ameixa babosa é pasalas polo lume segundo as formas tradicionais: á mariñeira, acompañando o peixe, con arroz, con pasta, con fabas... rendendo de seguro o gusto dos padais máis esixentes.</p>
Datos da especie
- CTS
- Nome científico: Venerupis corrugata
- Nome galego: Ameixa babosa
- Nome castelán: Almeja babosa
- Grupo biolóxico: Bivalvos
Tamaño mínimo: 38 mm
O tamaño medirase medindo o eixe maior ou anteroposteriorOnde atopalo
Lonxas e centros de primeira venta autorizados
- Lonxa de Redondela
- Lonxa de Baiona
- Lonxa de Fisterra
- Lonxa de Vilaboa
- Lonxa de Cambados
- Lonxa de Noia (O Freixo)
- Lonxa de Noia (Testal)
- Cofradía de Pescadores de Vigo
- Lonxa de Cangas
- Lonxa de Bueu
- Lonxa de Meira Moaña
- Lonxa de Barallobre
- Lonxa de Pontedeume
- Lonxa de Rianxo
- Lonxa de Cabo de Cruz
- Lonxa de Vilaxoán
- Lonxa de Arcade
- Lonxa de Corcubión
- Lonxa de A Pobra do Caramiñal
- Lonxa de Aguiño
- Lonxa de Mugardos
- Lonxa de Muros
- Lonxa de Ferrol
- Lonxa de Vilanova
- Cíes Artesanais S. Coop. Galega
- Lonxa de Campelo
- Lonxa de Ribeira
- Lonxa de A Illa de Arousa
- Cooperativa Ría de Arosa (1ª venta)
Centros de depuración / expedición e cetáreas
- Aurelio Silva Ábalo, S.L.
- Depuradora da Confraría de Pescadores de Ferrol
- Cultivos Marinos Vilanova, S.L.
- Depuradora da Cofradía de Pescadores "San Bartolomé" de Noia
- Mariscos de Barallobre
- Demarsusa
- O Percebeiro
- José María Daporta e Hijos, S.L.
- Mar da'Morosa
- Mariscos Calimar S.L.
- Mariscos Campelo, S.A.
- Mariscos Daporta, S.L.
- Mariscos Gusbuzo S.L.
- Mariscos Inés
- Mariscos Islas Cíes
- Mariscos Malliño, S.L.
- Moluscos Rías Gallegas, S.A.
- Cooperativa Ría de Arosa (Distribuidor)