Detalle producto

FacebookTwitter

Escachos

Escachos
<p>Teñen unha forma moi particular, cun corpo de forma cónica que vai diminuíndo desde a parte posterior da cabeza ata o rabo. O dorso é vermello, máis claro nos laterais e branco no ventre. A cabeza é grande, triangular. Ten espiñas enriba dos ollos e distribuídas por todo o corpo, tamén presenta moitas estrías. Ten a liña lateral moi marcada, con escamas que forman, pola súa vez, unha espiña. As aletas peitorais, moi desenvolvidas, sérvenlle aos escachos para se desprazaren. A súa época de reprodución vai de xuño a agosto.</p> <p>Atópanse en fondos de area ou lama preto das rochas, a partir dos 40 metros de profundidade. Non existe ningunha pesca específica. Captúranse ao arrastre ou con anzol e tamén con trasmallo durante todo o ano.</p> <p>Son peixes de carne branca e consistente, cheos de sabor de mar para dárllelo aos modernos "pasteis". Cocidos poden darnos excelentes alternativas. Podemos preparalos simplemente fervidos, cun chorro de aceite de oliva, ou en caldeirada co tradicional rustrido. Os filetes, limpos, grosos, brancos e firmes, son perfectos para preparacións imaxinativas como salpicóns ou ensaladas.</p>

Datos da especie

  • GUY
  • Nome científico: Trigla spp
  • Nome galego: Escachos
  • Nome castelán: Rubios
  • Grupo biolóxico: Peixes
Receitas de Escachos
20 cm

Tamaño mínimo: 20 cm

O tamaño medirase desde a punta da cabeza ata o extremo da aleta caudal

Onde atopalo

Lonxas e centros de primeira venta autorizados

  • Distribuidor de produtos da pesca e marisqueo