Detalle producto

FacebookTwitter

Curuxo

Curuxo
<p>É moi similar ó coñecido rodaballo. Ten un corpo asimétrico ovalado. Mimetízase adaptando o ton da súa pel ós fondos onde habita, xeralmente arxilosos. Diferénciase do rodaballo en que ten unhas manchas distribuídas irregularmente polo corpo, escamas na parte superior e porque os primeiros radios (espiñas) da aleta dorsal (a superior) están libres, mentres que no rodaballo están unidos por unha membrana. Pode acada-los 70 centímetros de lonxitude.</p> <p>Vive en lugares semellantes ao rodaballo, pero, a diferencia deste, tende a busca-los areais do interior das rías. É unha especie escasa e a súas capturas realízanse coa técnica do trasmallo e tamén con palangre e miños.</p> <p>O curuxo admite múltiples preparacións na cociña: á prancha aproveitando a súa pel dura, en caldeirada, guisado con patacas, ou ó forno, onde garda todo o seu sabor. Admite as mesmas preparacións que o seu parente o rodaballo.</p>

Datos da especie

  • BLL
  • Nome científico: Scophthalmus rhombus
  • Nome galego: Curuxo
  • Nome castelán: Rémol
  • Grupo biolóxico: Peixes
Receitas de Curuxo
30 cm

Tamaño mínimo: 30 cm

O tamaño medirase desde a punta da cabeza ata o extremo da aleta caudal

Onde atopalo

Lonxas e centros de primeira venta autorizados

  • Centros de depuración / expedición e cetáreas

  • Distribuidor de produtos da pesca e marisqueo