Detalle producto

FacebookTwitter

Alosa

Alosa
Ilustadora: Elisabet García Aires
<p>Corpo moderadamente alto e comprimido. Ao longo do ventre hai unha fileira de escamas que forman unha quilla. A cor do dorso é escura e o ventre prateado. Posúe unha marcada mancha escura detrás da abertura branquial e unha serie de manchas máis pequenas a continuación da anterior. A lonxitude máxima é de 50 cm.</p><p>Esta especie forma bancos e realiza importantes migracións. Habita no mar en augas profundas e remonta os ríos para realizar a posta. Aliméntase de pequenos crustáceos e peixes. Durante o remonte dos ríos non se alimenta. Reprodúcese na primavera e principios do verán. Distribúese no Atlántico norte, dende as costas escandinavas ata Marrocos e no Mediterráneo occidental.</p>

Datos da especie

  • TSD
  • Nome científico: Alosa fallax
  • Nome galego: Alosa
  • Nome castelán: Alosa
  • Grupo biolóxico: Peixes
Receitas de Alosa
O tamaño medirase desde a punta da cabeza ata o extremo da aleta caudal

Onde atopalo

Lonxas e centros de primeira venta autorizados