Detalle producto

FacebookTwitter

Barbada común

Barbada común
Ilustadora: Elisabet García Aires
<p>Corpo alongado. Presenta tres barbillóns, un na mandíbula inferior e dous nasais. A mandíbula superior é prominente. De cor marrón roxiza con manchas negras sobre a cabeza e o dorso, o ventre é claro.</p><p>Vive en fondos de rocha, area e fango, entre os 10 e 120 m de profundidade. Aliméntase de pequenos peixes, moluscos e crustáceos. O período reproductor no Atlántico é en primavera e inverno. Distribúese no atlántico oriental dende Noruega ata o norte de África e no Mediterráneo.</p>

Datos da especie

  • GGU
  • Nome científico: Gaidropsarus vulgaris
  • Nome galego: Barbada común
  • Nome castelán: Lota
  • Grupo biolóxico: Peixes
Receitas de Barbada común
20 cm

Tamaño mínimo: 20 cm

O tamaño medirase desde a punta da cabeza ata o extremo da aleta caudal

Onde atopalo

Lonxas e centros de primeira venta autorizados