Cogombro de mar real

Cogombro de mar real
Ilustrador/a: Elisabet García Aires

Corpo aplanado dorso-ventralmente, que pode acadar os 35 centímetros de lonxitude, e coa marxe provista de grandes papilas. Superficie dorsal con tubérculos máis ou menos aliñados en serie e rematados en papilas cónicas. Podios da superficie ventral dispostos en tres bandas lonxitudinais aparentes. A superficie plantar está percorrida por unha fendedura a nivel medio.

Osículos de tipo placas perforadas e corpúsculos turriformes. Cor no dorso dorsal pardo-amarelenta, incluso rosada ou alaranxada e algo translúcida, con manchas esbrancuxadas, sendo a superficie ventral máis clara. Superficie corporal moi branda, de consistencia xelatinosa. Especie que vive en substratos brandos de relativa profundidade, entre 80 e 300 metros.

Datos da especie

  • Código FAO: JCR
  • Nome científico: Parastichopus (=Stichopus) regalis
  • Nome galego: Cogombro de mar real
  • Nome castelán: Espardeña
  • Grupo biolóxico: Equinodermos

Onde atopalo